14 dic 2012

"12"


   A neve deixa de ser imaxinaria mentres xa non quedan follas coas que
soñar nas árbores, e a pesar de que cheira a cinzas afogadas nun ceo
perfectamente negro, Decembro xa non é melancolía, non é un poema.
Non é un poeta. Tan só balancéase na súa propia insignificancia, é só
un trago de fixen e farei que recordan que todo pasa, que todo se pode
beber e que sempre será luns.

   Decembro é cruel.

   Namórame cando xea as miñas mans ata que non as sinto, ata que o
dor polo frío permíteme saborear o meu non sentir. Frío, moito frío.
Frías son as miñas mans, frío é o meu corazón, fria é a miña alma e a
morte é fría pero eu non podo morrer. Isto é só un bico envelenado,
unha imitación barata do meu desexo, un frío que engana á miña pel e
unha mentira descuberta pola calor que baila nas miñas venas.

   Decembro é cruel e ámame

   E aínda así, para o min, Decembro non é máis que aquel que apagará o
meu último cigarro, outra vez, cando lle toque marchar.

   Decembro é cruel e ámame. Víngase e déixame.